segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013

Ferrol perdeu nos últimos quince anos máis de 10.500 habitantes

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal perderon case 12.000 habitantes nos últimos quince anos. Así o reflicten os datos do Instituto Nacional de Estatística, que cifran concretamente en 11.966 persoas ese descenso, ao pasar dun censo formado por 214.664 habitantes ao actual, de 202.698. A peor parte desta sangría poboacional lévalla o municipio de Ferrol, onde se contabilizan un total de 10.551 persoas menos que fai quince anos. O concello pasou de contar con 82.548 habitantes a afastarse considerablemente da barreira dos 80.000 e parece abocado irremediablemente a achegarse á dos 70.000, ao ter actualmente rexistrados polo INE 71.997 habitantes.

A Enquisa de Poboación Activa 2012 no concello de Ferrol - Datos estatísticos de interese e definicións para entender mellor as táboas

Enquisa de Poboación Activa no concello de Ferrol

ENQUISA DA POBOACIÓN ACTIVA POR SEXOS E EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE ECONÓMICA.

  • Poboación de 16 e máis anos do concello de Ferrol por sexo e relación coa actividade económica.
  • Datos en miles de persoas.
  •  Espazo=Ferrol.