domingo, 15 de janeiro de 2012

Informe e diagnose

Informe socioeconómica de Ferrol Terra e diagnose da situación

Non é que non teñamos unha noción aproximada do que lle pasa a esta Comarca, ás persoas que aquí moramos, ao seu tecido socioeconómico, ... trata-se de ordenar e analizar os diferentes datos, opinións, informes, para facer un achegamento o máis aproximado posíbel á realidade que nos rodea.

Antes de constituír, formalmente, o Encontro Social de Ferrol Terra, necesitamos encetar un proceso analítico, ou exame, da realidade socioeconómica comarcal, para chegar a unha conclusión ou diagnose, e acordar a partires da mesma o que vai ser a nosa actividade, tanto como Encontro Social, como Comunidade ou Rede de Apoio Mutuo.

Para tal análise e exame da realidade, necesitaremos un conxunto de técnicas e recursos complementarios que nos posibiliten unha boa e acertada diagnose, para tamén acertar co plano de acción política, social e económica que desde o noso punto de vista necesita a Comarca.

Intentaremos utilizar instrumentos de diagnose validos non contraditorios co método científico. Partiremos sobre dos datos estatísticos e da observación da realidade.

Elaboraremos un informe de diagnose con datos obxectivos, estatísticas, entrevistas, enquisas, noticias, artigos, informes que examinaremos e analizaremos para identificar os problemas sociais e económicos do conxunto da poboación que moramos no territorio chamado Ferrol Terra.

O Informe, correspondera-se co conxunto de datos, tirados dos diferentes análise que fagamos a partir dos síntomas sociais, da historia recente, dos exames complementarios que nos indicaran en síntese as diferentes problemáticas, necesidades, preocupacións, ... A partires desa síntese do estado das cousas, propoñeremos unha planificación para a intervención social e elaboraremos unha previsión da evolución da situación.

|||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário