domingo, 9 de novembro de 2014

O desemprego elevouse en outubro e suma 18.420 demandantes nas tres comarcas - Rexitro de demandantes de emprego inscritos nas oficinas do SEPE das comarcas do noroeste galego en outubro de 2014

O desemprego elevouse en outubro e suma 18.420 demandantes nas tres comarcas

O número de demandantes de emprego inscritos nas oficinas do SEPE volveu incrementarse o pasado mes de outubro, por segundo mes consecutivo, nas tres comarcas.
O número de demandantes de emprego inscritos nas oficinas do SEPE volveu incrementarse o pasado mes de outubro, por segundo mes consecutivo, nas tres comarcas. A suma do desemprego na zona ascende agora a 18.420 persoas, 284 máis que ao finalizar setembro. É unha subida do 1,56%, fronte á do 1,78% que se produciu en España e ao 2,45% de crecemento na comunidade galega.

A comarca do Eume cravou en outubro o número de parados do mes anterior. Entre os municipios de Cabanas e A Capela sumaron tres desempregados máis, pero Pontedeume restounos e deixou a conta a cero. Fronte a isto, Ortegal sufriu un incremento porcentual importante, do 7,76%, polos 43 demandantes máis de Ortigueira, os dez máis de Mañón e os once máis de Cariño. En Ferrol a subida foi do 1,42%, 220 persoas máis que en setembro.

Outubro é tradicionalmente un período de crecemento do paro. No entanto, este 2014 é o segundo con menor subida nos últimos catro anos. Así, en 2010 houbo 413 parados máis (un aumento intermensual do 2,5%); en 2011 foron 722 (4,2%) e en 2013, 482 (2,47%). O pasado ano, este décimo mes saldouse cun crecemento do desemprego do 0,74% -foron 148 os demandantes que se sumaron á lista, aínda que había naquel momento 19.950 persoas inscritas nas oficinas da SEPE nas tres comarcas, 1.530 máis que agora. A evolución interanual, que marca un descenso do 7,67% no conxunto dos vinte municipios, é a única lectura positiva dos últimos datos facilitados polo Ministerio de Emprego.

O citado descenso interanual na zona, do 7,67%, mellora o dato de España, onde a disminución desde o anterior outubro de 2013 foi do 5,91%, e empeora o de Galicia, onde chegou ao 9,02%. Por comarcas, destaca a caída do paro, en términos porcentuales, no último ano no conxunto do Eume. Agora hai 1.897 demandantes fronte aos 2.284 de 2013, o que supón unha disminución do 16,95%. En Ferrol ese descenso foi do 6,72% -15.635 desempleados actuais, 16.760 o pasado ano, e en Ortegal só dun 1,99% (888 agora, 906 antes).

colectivos


Por sectores, é nos servizos onde máis aumenta o paro, un 3,70%, tralo fin dos contratos da campaña estival. Séguenlle a pesca e a agricultura, cun aumento do 3,16%, e a construción, onde o incremento foi do 1,81%. Descende o desemprego na industria e no colectivo de demandantes sen experiencia anterior.

Un total de 858 persoas das inscritas nas listas do paro das tres comarcas teñen menos de 25 anos. Os mozos representan un 4,65% do desemprego en Ferrol, Eume e Ortegal, mentres que en Galicia este colectivo é un 1,8% do total.

En canto ás mulleres, outro grupo desfavorecido no mercado laboral, suman agora unha lista de 9.692 nas tres comarcas, un 52,61% do total de desempread@s. En Galicia, as demandantes de emprego son o 53,15%.

Publicado por Montse Mayoral no Diario de Ferrol | 05.11.2014

||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário